Eroski-Revolta

A finais dos 70 e comenzos dos 80 foi a explosión da salas de festas. En Carballo inauguráronse As Airas e A Revolta, matando o antigo salón Macías.
Na de Macías escomencei a dar os primeiros pasos de baile.Íamos catro ou cinco amigos e como non sabíamos bailar, facíamos apostas: se un de nós acadaba un baile dunha moza, os outros, entre todos pagábanlle unha cervexa. Era unha maneira de atreverse co baile!!
Cando xa tiñamos un pouco de práctica, a aposta era 1000 ptas., entre todos, a quen saíse cunha moza elexida entre todos. Mil ptas. naqueles tempos eran o presuposto dunha semana. Mil ptas. eran 6 euros. Eleximos unha moza que estaba sóa, e era moi guapa. Intentámolo varios, pero nada.
Cando foi a quenda de Mariano de Pura quedamos esparabanados, cando saíu con ela. Estabamos na Sala de festas A Revolta. Mariano era pequeno, só foi mais grande ca min cando eu nacín, levábame 2 anos. Mariano era moi simpático. Gañou a aposta e non tardou en casar con ela.
Non fai moito tempo que sei como foi a historia: Foi xunto a ela e díxolle:
-Queres sair comigo?
-Sei que toleaches?
-Que traballo che costa muller, saímos para fora, tomamos algo na cafetaría e eu gaño a aposta. Despois volves a entrar. 
Pero non volviu a entrar. Dende esa estiveron sempre xuntos. Así é o amor.
O outro día fun ver a obra de teatro Eroski-Paraiso, interpretada polo grupo Chevere. O argumento era: Unha filla dunha parexa xurdida na discoteca Paraiso de Muros, quixo facer unha película de aquela aventura, que foi o día da súa concepción. Calquera dos nosos fillos podía facer unha película das nosas aventuras amorosas nas nosas salas de festas.
Hoxe en día a discoteca Paraiso é o Eroski de Muros. Oxalá a nosa Revolta fose a Eroski-Revolta, así non estaría en ruinas.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo