Había unha vez un Conde Azul. Un Conde con dedicación exclusiva para
dicir e inventar cousas. O Conde Azul sentía moita admiración por unha
princesa, unha princesa que ben podía ser Rosa, pero era Amarela, pois
facía rima co nome dela.
O Conde tivera un tempo o número do móvil da Princesa Amarela,
mandáballe mensaxes por Nadal, Aninovo, aniversario, onomástica...Pero
un día díxose " Que estou a facer?Estou a pintar o indio! Ela ten un
principe. E desfíxose do número do móvil. Tiñao anotado nunha ostia dos
curas e comulgou. Comulgou sen confesar. Sen confesar a admiración que
sentía pola princesa María Manuela, así se chamaba ela.
Case que dende aquela estase a laiar e dise "por que non poido
mandarlle mensaxes? que ten de malo ser amigo dunha princesa?". E
púxose a chamar a todolos números a partires do seis e sempre hacha a
mesma resposta:" Está vostede enganado".
Pero xa dixen que o Conde Azul tamen inventaba cousas. E inventou un
teléfono, que en vez de funcionar con números funciona con letras.
Marcou PRINCESA AMARELA MARÍA MANUELA e mandoulle a seguinte mensaxe:"
Dille ao principe, que é o segundo home mais afortunado do mundo por
terte, e non se che ocurra dicirlle, que eu son o home mais afortunado
do mundo por coñecerte".
Chegaríalle a mensaxe a Princesa Amarela?.Funcionaría o invento do
Conde Azul?Será o Conde un dos pais das redes sociais?. Só o sabe ela,
só o sabe María Manuela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario