Multas non

Sabedes cal é o concello mais pobre de Galicia? Uns din que é Nigrán, por que non teñen nin gran, pero eu digo que é a Rúa, pois viven todos na Rúa.
Polas rúas, cruces, rotondas de Carballo circulo eu, para ir ao traballo, ao mercado,ao supermercado...tamén circulo por diante da igrexa. Neses movementos circulatorios, vexo todalas atrocidades habidas e por haber: coches aparcados na rotonda de Francisco(ultramarinos no barrio da Milagrosa de Carballo), coches en dobre fila, aparcados na beirarúa, aparcados en pasos de peóns...Eu se teño que ir a un sitio aparco ben, ainda que sexa a dous quilómetros. Se atopo un sinal de prohibición e non vexo a cifra, pois está cuberta por matogueira e silvas, eu póñome a 50, e cando chego ao sinal e vexo que é de 70, dou marcha atrás e vou a 70. Cando vou por unha recta quilométrica e sen curvas onde hai un sinal de 50, por que hai dúas casa deshabitadas, eu vou a 50. Os coches, que veñen detrás, pítanme, pero eu teño unha pegata no cristal de atrás na que pon "Perdonen las molestias. Agotado presupuesto multas".
Son dos poucos que lle leva unha hora ir de Carballo a Coruña, pois respeto os sinais e teño de menos de ir pola autoestrada das mil e unha curvas(os de Carballo non temos dereito a unha autovía, a un corredor...Temos que pagar!!).
O outro día, vindo de traballar, parei nun paso de peóns, pois alí había un peón. Abrín a ventaniña e díxenlle ao señor:
-Pase!
-Pasa ti!
-Non! non quero que me multen!
-E que eu non quero pasar!
-Vostede está a contemplar a circulación dende un paso de peóns? Pois agora pasa!
Pasou. Vin polo retrovisor que volvía a donde estaba. Seguín e cheguei a un sinal deses que ten unha pantalla, na que che di a velocidade a que vas. Eu a 30, respetando o sinal. Adiantáronme e pitáronme tres coches a mais de 50.
Que conste que eu estas arroutadas circulatorias legais, só as teño despois de pagar unha saborosa multa.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo