No Bachao, onde non comemos bacalao

Fai uns días, fun a un taller de escrita, a unha casa de turismo rural, a carón do canón do río Tambre. O taller organizárono Fran Zabaleta e Pere Tobaruela, socios da editorial Redelibros.
A Casa Grande do Bachao está despois de Portomouro, camiño de Santiago. Gústanme moito Os Tamara, e como ía dirección Santiago e Tamara ven de Tambre, pois puxen un CD dese grupo tan emblemático e sobranceiro da nosa lingua. Estaba escoitando A Santiago vou, cando vin o sinal da Casa Grande do Bachao, nese intre acabou a canción. Xirei a esquerda e entrei nunha paisaxe fermosa e preciosa, con ríos, fontes, regatos pequenos... Sentíase o ruxir do río Tambre aló abaixo. Todo vales, todo montañas, outeiros, canedos...E Canedo viu un carballo, dirección Carballo, e púxenme a cantar:"Terra onde eu nacín, deixei amigos que coñezo por amigos que nunca vin". Si! estaba soando Adeus ríos, adeus fontes no mesmo CD. Xa estaba eu póndome Rosaliano! contaxiado de antemán polos escritores e poetas que ía coñecer.
Presenteime. Presentáronme. Os organizadores e moderadores ensináronnos, nos aprendemos, fixemos exercicios, escribimos textos, e din por feito que todos eran poetas e escritores, e eu só puden roubar algún que outro sorriso e risas  no medio dos seus comentarios e das súas reflexións lóxicas e intelectuais, pois eu só son un escribidor de historias con menos audiencia cás da Noria. Eles posuían milleiros de verbas fermosas e ocorrentes para cada momento e, eu alí, só, coas 25 letras do alfabeto galego!.
Saímos a eira, e que vistas!, que escenario incomparable!. Só tiña unha pega, é unha pena, só tiña unha peca que non era un lunar, era unha verruuuuuuga: a cantidade de eucaliptos que nos rodeaban.
O último día tivemos exame final. Cada un escribíu unha historia. Historias do pasado, do presente, do futuro, de amor, de desamor, de ogros, de bruxas e coruxas. De todo había naquelas belas historias.
Pasámolo moi ben, quedamos todos ledos e contentos, e o mais importante aprendemos moito. Despedímosnos con algunha que outra bágoa nos ollos. E collín a estrada. Puxen a música e ainda soaba a canción do día anterior Adeus ríos, adeus fontes e estaba dicindo Deixo en fin canto ben quero, quen puidera non deixar!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo