Anécdotas americanas


De cando en vez vou con algúns amigos a tomar unha copa as barras americanas, e vamos polo chiste. E fun testemuña de algunha que outra anécdota simpática. Lémbrome unha vez que fun con Pepe da Brea e pidimos dúas tazas e díxonos a camareira :"Aquí non hai tazas" e contestoulle Pepe :"E daquela¿onde comedes as sopas?. Outra vez fumos co xefe, Pepe, eu e o neno, que tiña 18 anos( dous anos menos ca min) e o noso xefe pidiu :"pon tres cubatas e unha Mirinda para o neno", e o neno todo alporizado gritou:" eu xa mirindei agora tamén quero un cubata". E a última anécdota foi con Don Antonio, era sacerdote. Xogaba con nos ao billar. Insinábamos a doutrina do billar de carambolas e insinounos a historia de Adán e Eva. Cóntovola :" Díxolle Adán a Eva :"Eva! dame a mazán" "Non, non cha dou" "Eva! dame a mazán" "Non, non cha dou" "pois daquela collo a pera". Don Antonio tiña coche, nos non, e levábanos ás verbenas, un de nos quedaba con el e os outros ían bailar. El pasabao ben con nos e nos con el tamén. E un día levámolo a barra americana do Andaluz. Pedimos unhas copas e unha camareira fíxolle o conto a Don Antonio, para ver se a invitaba a beber algo. Invitouna e levouno a un reservado, dalí a dez minutos chegou Don Antonio todo alporizado gritando :"¡Le toqué una teta!, ¡le toqué una teta!..." E díxenlle :"Iso é pecado! vaia lavar as mans inmediatamente" e lavounas e debiu lavar algo mais, pois veu mais relaxado.
Istas anécdotas conteíllas ao meu amigo Ramiro da Pontenova fai 32 anos, loxicamente nunha barra americana. E díxome el :"Eu tamén vou algunha vez, coma ti, de chiste. Non fai moito fun cun veciño, que se emperrenchou en ir, descartando a miña oferta de ir a discoteca Chaquetón. Alá fumos e enganchou a unha camareira e foise con ela para un reservado, deixándome só. Eu non iría con unha camareira ¿Que lle digo? se non a coñezo de nada.¿Vou para que me poña os brazos de barreira e me diga:"Metema pero non me toques"? Non , non e non. Fumos tarde para a casa e as doce da mañán espertoume a miña dona lavantando a persiana e berroume:"Ven aquí, mira teu amigo coa súa dona e coa súa filla seguro que van para a misa e ti de resaca. Aprende!". Calei a boca. Non lle dixen que o meu amigo foi a barra americana con premeditación e alevosía. Non, non llo dixen porque eu son fiel e senon pregúntallo a miña amante".
Aquí acabou a historia de Ramiro da Pontenova. Seguro que chegastes a unha conclusión.
Ramiro, eu e mais Adán tamén "SE NON TES LAVADORA, LAVA A MAN"



No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo