Cal foi a nosa sorpresa cando nos parou Tráfico. O Axente metíulle unha multa por ir falando polo móbil. Fran díxolle que non, que el non falara polo móbil dende había case que unha hora, e se non que me preguntase a min. O Axente non me quixo preguntar. Eu íalle a dicir a verdade, pois eu non minto.
Eu son o móbil de Fran, se o Axente me preguntase daríase de conta que facía unha hora da última chamada feita e tres cuartos de hora da última recibida.Fran recurriu a multa e tamén vai a ir ao Defensor do sentido común.
No hay comentarios:
Publicar un comentario